aparato

< lat apparātu
Pliral: aparatos
  1. s m Utensilio formado por varias pezas que realizan conxuntamente unha función determinada.
  2. s m Conxunto de elementos ou organismos que permiten a realización de algo concreto.
  3. s m Ostentación de preparativos ou medios ante un acontecemento.
  4. s m BIOL
    1. Conxunto de órganos, de orixe embrionaria xeralmente común, especializado para levar a termo unha función determinada.
    2. Estrutura celular que leva a termo unha función determinada.
  5. aparato crítico FILOL Conxunto de datos facilitados polo editor para xustificar unha determinada interpretación dun texto.
  6. aparato de guerra BÉL Conxunto de cousas que se necesitan para a guerra.
  7. aparato vocal LING Conxunto de elementos fisióloxicos que interveñen na fonación lingüística e que se divide en tres subaparatos: respiratorio, fonador e articulatorio.

Sinónimos

Antónimos

Confrontaciones

Citas

  • A infanta celebrou unha voda con grande aparato
  • As autoridades ameazaron a guerrilla con utilizar todo o seu aparato de guerra
  • Co novo aparato que mercaron, podemos fabricar o mesmo en menos tempo
  • O aparato do partido decidiu botar a estes militantes fóra