pompa

< lat pompa gr πομπ ή ‘procesión’, de πέμπειεν ‘enviar’
Pliral: pompas
  1. s f Ostentación vaidosa de importancia ou riqueza.
  2. s f HIST Acompañamento suntuoso ou comitiva solemne con ocasión de festas, cerimonias ou outros acontecementos da vida pública ou privada.
  3. pompa de xabón Burbulla formada ao fretar xabón mollado ou ao insuflar aire en auga xabonosa.
  4. pompas fúnebres RELIX Conxunto de cerimonias relacionadas co enterro dun defunto.

Citas

  • Celebraron a festa con moita pompa
  • Non teñen nada pero todo é pompa