paladio

< lat palladiu gr Παλλάδιον ‘estatua da deusa Palas’
Pliral: paladios
  1. s m QUÍM Elemento metálico de transición que pertence ao grupo VIII da táboa periódica, de número atómico 46 e peso atómico 106,42. Presenta cor branca agrisada con brillo metálico, é dúctil e maleable, e emprégase como catalizador de hidroxenación en síntese orgánica e na industria eléctrica para contactos.
  2. dicloruro de paladio QUÍM Sólido pulverulento vermello escuro e delicuescente que é o produto de partida para a obtención de moitos outros compostos e complexos do paladio.
  3. óxido de paladio(II) QUÍM Sólido en forma de pos negros verdosos, que se reduce facilmente con hidróxeno e proporciona paladio con actividade catalítica.