< lat palladiu gr Παλλάδιον ‘estatua da deusa Palas’
Plural:paladios
smQUÍMElemento metálico de transición que pertence ao grupo VIII da táboa periódica, de número atómico 46 e peso atómico 106,42. Presenta cor branca agrisada con brillo metálico, é dúctil e maleable, e emprégase como catalizador de hidroxenación en síntese orgánica e na industria eléctrica para contactos.
dicloruro de paladioQUÍMSólido pulverulento vermello escuro e delicuescente que é o produto de partida para a obtención de moitos outros compostos e complexos do paladio.
óxido de paladio(II)QUÍMSólido en forma de pos negros verdosos, que se reduce facilmente con hidróxeno e proporciona paladio con actividade catalítica.