smMETROLGrao de elevación dunha liña, dunha superficie dun fluído ou dun plano con respecto a outro horizontal e paralelo.
nivel de enerxíaFÍSConcepto físico que consiste en atribuír ás partículas elementais ligadas a un sistema atómico ou nuclear uns estados enerxéticos que caractericen o seu comportamento cando hai intercambios de enerxía co exterior do sistema.
nivel de prezosECONÍndice representativo da variación dos prezos respecto aos do ano que se toma como base.
nivel de vidaECONCantidade de bens e servizos que se poden adquirir coa renda media dun grupo ou dunha clase social determinados.
nivel de vooAERONCada unha das capas do espazo aéreo, separadas entre elas 100 pés e referidas á presión atmosférica estándar, polas que se realiza a circulación aérea.
nivel estruturalXEOLZona da codia terrestre que, polas súas condicións xeolóxicas, presenta un tipo de deformación diferente das zonas inferior e superior.
nivel hidrostáticoINDAltura que, ao perforar un pozo sobre o xacemento dun fluído, acada o fluído no pozo sen ningunha axuda exterior.
nivel piezométricoXEOGNivel virtual da auga subterránea. Se se trata dun acuífero libre, este nivel coincide co do manto freático.
nivel tróficoECOLElo dunha cadea alimentaria. O nivel produtor do ecosistema son as plantas verdes. Os outros niveis, herbívoros e carnívoros, son consumidores.
smGrao de desenvolvemento ou de calidade de algo en relación a outra cousa que se toma como referencia.
smTECNOLInstrumento que permite comprobar a horizontalidade dunha superficie ou a diferenza de altura entre dous puntos.
smMETROLGrao de intensidade ou de potencia dunha magnitude.
smFÍSExpresión do valor dunha magnitude variable con relación a un valor de referencia fixado arbitrariamente. Adoita expresarse en dB ou en Np.
nivel sonoro/de sensación sonoraFÍSIntensidade da sensación dun son que se mide en fonios.
smLINGSistema, dentro da gramática tradicional, baseado nun conxunto de elementos primarios mínimos, un alfabeto, e a operación de concatenación, seguindo a teoría das álxebras concatenatorias. Adóitanse distinguir sistemas fonemáticos e morfofonemáticos, sintagmáticos e transformacionais.
nivel de linguaxeLINGariedade de lingua característica dun estrato social, dunha determinada especialización ou dun grao de formalidade concreto.