nivelación

< nivelar
Pliral: nivelacións
  1. s f Acción e efecto de nivelar ou nivelarse.
  2. XEOG
    1. s f Conxunto de operacións para atopar as diferenzas de altitude entre dous ou máis puntos do terreo con relación a un plano de referencia horizontal.
    2. nivelación barométrica Nivelación que fai referencia á altitude dos puntos que teñen distinta presión atmosférica.
    3. nivelación composta Nivelación que fai referencia a un mesmo plano de comparación, determinada utilizando dúas ou máis estacións.
    4. nivelación simple Nivelación que fai referencia a un mesmo plano de comparación, medida por medio dunha soa estación do aparato.
    5. nivelación trigonométrica Nivelación en que se dirixen visuais inclinadas ás miras colocadas nos puntos que se nivelan.
    6. nivelación xeométrica Nivelación en que se encontra a diferenza de altitude entre dous puntos dirixindo visuais horizontais ás miras colocadas nos puntos respectivos.
    7. parafuso de nivelación Parafuso de rosca fina e moi precisa que, nos aparatos topográficos, se emprega para pór horizontal un plano mediante o movemento da rosca, que varía a distancia entre o plano de soporte e o que se quere nivelar.
    8. placa de nivelación Cravo coa cabeza semiesférica e unha broca soldada de 9-10 cm de diámetro para que non se afunda na terra. Serve para sinalar puntos de bordos provisionais.

Palabras vecinas