material

Pliral: materiais
  1. adx Relativo ou pertencente á materia.
  2. adx Relativo a aquilo que se pode ter, usar ou gozar de maneira física.
  3. TECNOL
    1. s m Conxunto de máquinas ou instrumentos que se empregan na explotación dun servizo ou nunha industria.
    2. s m Materia, tanto natural como artificial, que serve para construír edificios, máquinas, vehículos e toda outra clase de obxectos.
    3. ciencia dos materiais Ciencia interdisciplinaria que estuda a relación entre a estrutura e as propiedades dos materiais e que permite mellorar as técnicas de produción e o uso dos materiais xa coñecidos, de atoparlles novas aplicacións e de obter novos materiais.
  4. s m Documentos que serven para compor unha obra escrita.
  5. material celular QUÍM/IND Substancia sólida, de estrutura formada por pequenas células con aire, que se emprega como illante térmico e eléctrico.
  6. material sensible IMAX/IND Material fotográfico que, impresionado ou non, aínda non foi revelado nin fixado e que permanece sensible aos efectos da luz.