matemática

< lat mathemat ǐ ca gr τà μαθηματικά μάθημα ‘coñecemento’
Pliral: matemáticas
  1. s f MAT Ciencia que estuda as propiedades dos números, das figuras, dos conxuntos, das operacións ou das funcións. Segundo o obxecto particular do seu estudo divídese en xeometría, álxebra, análise matemática, topoloxía, teoría dos conxuntos, teoría dos números, cálculo de probabilidades ou cálculo numérico.
  2. matemática computacional MAT Parte da matemática que trata problemas que incorporan na súa resolución o uso dun ordenador.

Palabras vecinas