materia

< lat materĭa
Pliral: materias
  1. s f
    1. Substancia coa que está feita ou constituída unha cousa.
    2. FÍS/FILOS Aquilo que constitúe o universo físico coa enerxía.
    3. FILOS Calidade esencial do real que fai que as cousas existan independentemente do feito de que sexan coñecidas pola consciencia.
  2. s f Aquilo que é fundamento dun xuízo ou dun estudo.
  3. s f RELIX Conxunto de xestos e obxectos exteriores que acompañan as palabras rituais dun sacramento.
  4. s f Disciplina que integra un programa que vai ser ensinado dentro dun período de tempo determinado, xeralmente un curso académico, e que forma parte dun plano de estudos.
  5. materia escura ASTRON Materia que, presumiblemente, conforma o 90% da masa total do Universo.
  6. materia interestelar ASTRON/FÍS Materia de densidade moi baixa distribuída polo espazo interestelar en forma de gas e, en proporción moito menor, de po. 
  7. materia intergaláctica ASTRON Materia constituída por gas e partículas de po que existe no espazo exterior das galaxias.
  8. materia médica MED Parte da medicina que ten por obxecto a descrición da orixe, os caracteres e a constitución de todos os axentes terapéuticos.
  9. materias primas ECON/TECNOL Recursos que se extraen directamente da natureza para utilizalos nun posterior proceso de produción.
  10. ANAT
    1. materia branca substancia branca.
    2. materia gris substancia gris.

Sinónimos

Antónimos

Citas

  • As relacións internacionais foron materia de estudio de varios relatorios
  • Busca materiais para a súa nova novela
  • Non hai tempo material para rematar o traballo de ciencias
  • O carbón é unha materia inflamable
  • O incendio causou numerosas perdas materiais
  • O martes chegou o material de laboratorio que se encargara
  • O teu veciño foi o autor material do crime
  • Regaloume unha carteira de material
  • Só pensa nos praceres materiais
  • Temos que estudialo todo, aínda que o profesor non conseguiu dar toda a materia, Suspendeu matemáticas, aínda que é a súa materia preferida

Frases hechas

  • En materia de. loc prep Con respecto a. Ex: En materia de vi
  • Entrar en materia. Abordar, despois dun pre