POLÍTSituación dunha colectividade, dun pobo ou un país, que non é tributario nin depende doutro.
independencia estocásticaMATRelación entre dous acontecementos A e B dun espazo de probabilidade en que se cumpre que a posibilidade de que se den A e B ao mesmo tempo é igual ao produto das probabilidades de que se dean A e B independentemente.
independencia funcionalMATPropiedade de que goza unha familia de funcións f 1 ,f 2 ,...,f n cando non existe ningunha función F tal que F(f 1 ,f 2 ,...f n ) = 0, onde (F(f 1 ,f 2 ,...,f n ))(x) = F(f 1(x),f 2(x),...,f n(x)).
independencia linealMATRelación entre un conxunto de vectores, nun espazo vectorial E sobre un corpo C, tales que calquera combinación lineal igual a cero implica que todos os coeficientes son nulos.
Citas
Apoiamos a independencia das súas decisións
Vive con independencia
Refranes
Cada paxariño fai o seu niño.
Cada rato ten o seu burato.
Cada rato ten o seu niño e cada muller o seu abrigo.
Non hai mellar medianeiro que cada un por si mesmo.
Vale máis arrieiro dunha besta que criado dunha recua.