independente

< 1 in- + dependente
Pliral: independentes
  1. adx
    1. Que non depende doutra.
    2. Aplícase a unha nación ou a un estado que goza de independencia política.
  2. adx Que non ten relación ou conexión con outra cousa.
  3. adx Que pode expresar libremente as súas opinións e actitudes.
  4. adx Que non necesita da axuda, compañía ou afecto de ninguén.
  5. adx Que intervén en política sen pertencer a ningún partido.
  6. adx LING Que non depende de ningún outro elemento lingüístico.
  7. teatro independente ESPECT Movemento teatral que se desenvolveu en toda España nas décadas de 1960 e 1970, moi vinculado ao teatro universitario, que supoñía unha resposta ao teatro comercial.

Antónimos

Citas

  • Fixeron unha avaliación independente da dos demais
  • Son persoas libres e independentes
  • Ten unha actitude independente
  • Teñen a cociña independente do salón
  • Xa desde pequeno era un rapaz independente