independencia

< 1 in- + dependencia
Plural: independencias
  1. s f Calidade de independente.
  2. s f
    1. Situación ou condición de independiente.
    2. POLÍT Situación dunha colectividade, dun pobo ou un país, que non é tributario nin depende doutro.
  3. independencia estocástica MAT Relación entre dous acontecementos A e B dun espazo de probabilidade en que se cumpre que a posibilidade de que se den A e B ao mesmo tempo é igual ao produto das probabilidades de que se dean A e B independentemente.
  4. independencia funcional MAT Propiedade de que goza unha familia de funcións f 1 , f 2 ,..., f n cando non existe ningunha función F tal que F(f 1 , f 2 ,...f n ) = 0, onde (F(f 1 ,f 2 ,...,f n )) (x) = F(f 1 (x), f 2 (x),..., f n (x)).
  5. independencia lineal MAT Relación entre un conxunto de vectores, nun espazo vectorial E sobre un corpo C, tales que calquera combinación lineal igual a cero implica que todos os coeficientes son nulos.

Citas

  • Apoiamos a independencia das súas decisións
  • Vive con independencia

Refráns

  • Cada paxariño fai o seu niño.
  • Cada rato ten o seu burato.
  • Cada rato ten o seu niño e cada muller o seu abrigo.
  • Non hai mellar medianeiro que cada un por si mesmo.
  • Vale máis arrieiro dunha besta que criado dunha recua.