hixiene

< fr hygiène
Pliral: hixienes
  1. s f MED Ciencia que estuda as condicións e os factores persoais ou ambientais que inflúen na saúde física e mental e que favorecen a aparición e a difusión das enfermidades.
  2. s f Conxunto de normas que tratan da limpeza e do aseo da persoa e dos lugares públicos.
  3. s f Conxunto de condicións que teñen por obxecto garantir as necesarias calidades sanitarias dos alimentos para que sigan sendo nutritivos, limpos e exentos de axentes nocivos.
  4. hixiene escolar MED/EDUC Parte da medicina preventiva que se preocupa da protección e mellora da saúde dos nenos en idade escolar e que favorece a educación global.
  5. hixiene mental MED/PSIC Póla da actividade médico-psicolóxica que se propón manter a saúde mental da poboación e previr a aparición ou agravamento dos problemas psíquicos.
  6. hixiene pública MED Hixiene na aplicación da que intervén a autoridade ditando as normas oportunas en cada caso.
  7. hixiene sexual MED Parte especializada da hixiene que trata do sexo, da conduta, da educación e das relacións sexuais.

Citas

  • Usa xabón na súa hixiene diaria, Nese local preocúpanse pola hixiene

Refranes

  • Tres cousas sempre frías están: lomedro de home, cu de muller e fuciño de can.