alzado -da

< lat *altiāre, de altus
Pliral: alzados Masculino: alzado Masculino plural: alzados Femenino: alzada Femenino plural: alzadas
  1. p reg alzar.
  2. adx Que se subleva ou rebela.
  3. adx Que sobresae dunha superficie.
  4. adx Que está elevado a un nivel superior.
  5. s m ARQUIT Deseño da fachada dun edificio, da súa proxección xeométrica ou vertical.
  6. s m ECON Prezo que se fixa nunha cantidade determinada por adiantado.
  7. s m GRÁF Acción de xuntar, pola orde de sinaturas, os cadernos e os pregos dunha obra impresa, co gallo de formar os seus exemplares e realizar a encadernación.
  8. s m MAT Proxección ortogonal dunha figura ou corpo sobre o plano vertical dun sistema de dous planos, onde o outro é horizontal.

Sinónimos

Citas

  • A alzada que ten o cabalo negro impresionou os presentes
  • O seu fillo máis vello ten unha alzada que case chega aos dous metros
  • Os militares alzados tomaron a casa do concello polas armas
  • Realizaron o alzado dese edificio cun novo programa informático
  • Se queres falar con ela está na alzada coas ovellas
  • Temos que rematar o alzado dese libro para logo pasar ao teu

Palabras vecinas