recurso

< lat recursu
Pliral: recursos
  1. s m Acción e efecto de recorrer.
  2. s m Medio ao que se recorre para solucionar algo.
  3. s m DER
    1. Demanda, instancia ou reclamación feita a unha autoridade administrativa superior para anular ou reformar un acto dun órgano inferior.
    2. Medio de impugnación que se concede ás partes, en todo tipo de xuízos, para demandar unha resolución xudicial, xa sexa mediante o mesmo xuíz ou tribunal que a ditou, xa diante dun tribunal superior.
    3. recurso contencioso administrativo Proceso que se segue ante os órganos da xurisdición contecioso administrativa contra os actos e as resolucións ditados pola Administración Pública no exercicio das súas actividades.
    4. recurso de alzada Recurso xudicial ordinario, en dereito administrativo, que se interpón ante o superior xerárquico do órgano que ditou a resolución que é obxecto de impugnación.
  4. s m pl Medios ou capacidades económicas.
  5. ECON
    1. recursos doutro Recursos achegados por persoas estrañas aos propietarios ou socios dunha empresa, para o seu financiamento, normalmente esixibles a un certo termo.
    2. recursos propios Recursos constituídos por achegas dos propietarios da empresa, por beneficios non distribuídos ou por determinadas provisións ou previsións, que financian normalmente parte do activo fixo da empresa.
  6. ECON
    1. recursos económicos Dispoñibilidades totais en bens producidos ou recursos naturais, con que conta un individuo ou unha comunidade, susceptibles de ser utilizados en actividades económicas diversas ou na satisfacción directa de necesidades humanas.
    2. recursos naturais Bens dados por natureza, necesarios para satisfacer as necesidades humanas ou como inputs de determinados procesos produtivos.
    3. recursos produtivos Bens que se utilizan como factores de produción, para obter outros, susceptibles de satisfacer máis necesidades humanas.