coeficiente

< co- + eficiente
Pliral: coeficientes
  1. adx Que actúa xunto con outra cousa para producir un efecto.
  2. s m MAT Número ou parámetro que multiplica unha expresión alxébrica en forma de monomio.
  3. s m FÍS Magnitude que caracteriza unha determinada propiedade dun sistema.
  4. coeficiente bancario ECON Norma sobre as relacións entre as partidas de balance bancario, establecida pola autoridade monetaria, para darlle solidez á entidade bancaria, garantir a seguridade dos depósitos e aplicar a política monetaria do goberno.
  5. coeficiente de comunidade BOT/XEOG Relación entre o número de especies comúns a dous inventarios e o número total de especies dos dous inventarios xuntos.
  6. coeficiente de selección XEN alor numérico que expresa o tanto por cento de descendentes que sobreviven cun xenotipo homocigótico recesivo.
  7. coeficiente intelectual PSIC Denominación impropia do cociente intelectual.
  8. coeficiente técnico ECON Cantidade dun determinado produto, expresada en unidades monetarias, necesaria para conseguir a produción dunha unidade doutro ben.

Citas

  • coeficiente de dilatación

Palabras vecinas