estratexia

< lat strategĭa gr στρατηγία
Pliral: estratexias
  1. s f
    1. BÉL Ciencia de proxectar e dirixir as grandes operacións militares.
    2. POLÍT Coordinación das forzas políticas, económicas e diplomáticas para conseguir os obxectivos dun Estado, dun grupo ou dun partido.
  2. s f Arte de coordinar as accións para lograr o obxectivo que se pretende.
  3. DEP
    1. s f Conxunto de accións que se desenvolven no transcurso dunha competición conforme a un plan establecido con anterioridade.
    2. xogada de estratexia Conxunto de movementos coordinados dun equipo deportivo, especialmente os ofensivos, que seguen á execución dun lanzamento.
  4. ECOL
    1. estratexia do k Estratexia dunha poboación na que se emprega a enerxía destinada á procreación en ter poucos descendentes pero dedicándolles maior atención.
    2. estratexia do r Estratexia dunha poboación na que se emprega a enerxía destinada á procreación en ter moitos descendentes pero dedicándolles unha menor atención.

Sinónimos

Citas

  • As súas estratexias non deron resultado e a empresa pechou