smProba que se realiza para determinar as calidades ou características de algo, ou a que se fai antes dun acto ou actividade para verificar que todo sairá ben.
smLITXénero literario en prosa, non narrativo, que trata dunha maneira libre os problemas máis diversos con vontade de creación, que inclúe obras con estas características. OBS: Tamén se denomina ensaística.
smQUÍMAnálise cualitativa simple, feita por medio de reaccións e de técnicas simples e breves, e que xeralmente se fai para ter un coñecemento previo da substancia a analizar.
TECNOL
smExperiencias ás que se somete un material, xeralmente nunha probeta, para valorar obxectivamente a idoneidade para as condicións de traballo que terá que soportar.
máquina de ensaioMáquina que se emprega para efectuar un ensaio, con aplicación mecánica ou hidráulica da carga.
smDEPAcción que en rugby, fútbol americano e noutras especialidades similares, consiste en apoiar o balón no terreo de xogo tras a liña que está situada á altura da portaría do equipo contrario para puntuar.