ensaio

< lat exagĭu ‘acto de pesar’
Plural: ensaios
  1. s m Proba que se realiza para determinar as calidades ou características de algo, ou a que se fai antes dun acto ou actividade para verificar que todo sairá ben.
  2. s m LIT Xénero literario en prosa, non narrativo, que trata dunha maneira libre os problemas máis diversos con vontade de creación, que inclúe obras con estas características. OBS: Tamén se denomina ensaística.
  3. s m QUÍM Análise cualitativa simple, feita por medio de reaccións e de técnicas simples e breves, e que xeralmente se fai para ter un coñecemento previo da substancia a analizar.
  4. TECNOL
    1. s m Experiencias ás que se somete un material, xeralmente nunha probeta, para valorar obxectivamente a idoneidade para as condicións de traballo que terá que soportar.
    2. máquina de ensaio Máquina que se emprega para efectuar un ensaio, con aplicación mecánica ou hidráulica da carga.
  5. s m DEP Acción que en rugby, fútbol americano e noutras especialidades similares, consiste en apoiar o balón no terreo de xogo tras a liña que está situada á altura da portaría do equipo contrario para puntuar.
  6. ensaio biolóxico BIOL bioensaio.