adxFÍSAplícase aos circuítos e dispositivos electrónicos aos que tanto o seu funcionamento coma a resposta dada dependen da diferenza entre dous sinais de entrada. Tm s.
adxMETROLAplícase aos instrumentos que serven para medir a diferenza entre dúas magnitudes, pero non os seus valores absolutos.
sfMATIncremento infinitamente pequeno dunha cantidade variable.
smTECNOLMecanismo que se monta nos automóbiles para transmitir o movemento ás rodas motrices e que permite que, nas curvas, xiren á velocidade adecuada, é dicir, que a roda exterior xire máis rápido ca a roda interior.
smECONDiferenza que hai entre dous valores dunha mesma ou de dúas variables económicas, nun momento ou durante un breve período.
cálculo diferencialMATParte da análise matemática e, máis concretamente, da análise infinitesimal, que trata de todas as cuestións relacionadas cos conceptos fundamentais de derivada e da diferencial dunha función.
relevo diferencialXEOGRelevo que resulta da erosión sobre rochas de diferente dureza e estrutura.
Citas
A cor é un método diferencial para clasificar os distintos tipos de fabas
A variación na cor da pel das persoas non debe implicar un trato diferencial