sfAcción e efecto de diferenciar ou diferenciarse.
sfMATAplicación que fai corresponder a cada función diferenciable, nun certo conxunto aberto, a súa función diferencial no conxunto mencionado.
sfBIOLProceso mediante o que as células, os tecidos e os órganos cambian de estrutura e de forma, desde a máis simple á máis complexa, para efectuar funcións específicas.
XEOL
diferenciación metamórficaConxunto de procesos mediante os que, durante o metamorfismo, se orixinan asociacións minerais diferentes a partir dunha roca nai inicialmente uniforme.
diferenciación magmáticaProceso mediante o que, a partir dun magma común, se orixinan diversos tipos de rochas ígneas, que poden formar parte, ou non, da mesma masa.
diferenciación evolutiva fisiolóxicaBIOLPresenza nas especies de características morfolóxicas idénticas aparentemente, pero diferentes na súa fisioloxía.
diferenciación socialSOCIOLProceso mediante o que os individuos ou grupos adquiren funcións diferentes e especializadas co seu correspondente status.