diferencial

< diferencia
Plural: diferenciais
  1. adx
    1. Relativo ou pertencente á diferenza.
    2. Que indica ou constitúe diferenza.
  2. adx FÍS Aplícase aos circuítos e dispositivos electrónicos aos que tanto o seu funcionamento coma a resposta dada dependen da diferenza entre dous sinais de entrada. Tm s.
  3. adx METROL Aplícase aos instrumentos que serven para medir a diferenza entre dúas magnitudes, pero non os seus valores absolutos.
  4. s f MAT Incremento infinitamente pequeno dunha cantidade variable.
  5. s m TECNOL Mecanismo que se monta nos automóbiles para transmitir o movemento ás rodas motrices e que permite que, nas curvas, xiren á velocidade adecuada, é dicir, que a roda exterior xire máis rápido ca a roda interior.
  6. s m ECON Diferenza que hai entre dous valores dunha mesma ou de dúas variables económicas, nun momento ou durante un breve período.
  7. cálculo diferencial MAT Parte da análise matemática e, máis concretamente, da análise infinitesimal, que trata de todas as cuestións relacionadas cos conceptos fundamentais de derivada e da diferencial dunha función.
  8. relevo diferencial XEOG Relevo que resulta da erosión sobre rochas de diferente dureza e estrutura.

Citas

  • A cor é un método diferencial para clasificar os distintos tipos de fabas
  • A variación na cor da pel das persoas non debe implicar un trato diferencial