agudo -da

< lat acūtu
Pliral: agudos Masculino: agudo Masculino plural: agudos Femenino: aguda Femenino plural: agudas
  1. adx Que acaba en punta.
  2. adx BOT Aplícase á folla cando os seus bordos forman un ángulo agudo no ápice.
  3. adx LING
    1. Aplícase ao fonema en que o seu segundo formante se manifesta cunha frecuencia elevada, superior, normalmente, aos 1.400 ciclos por segundo.
    2. Aplícase ao fonema consonántico articulatoriamente constituído por dúas cavidades de resonancia bucal (/t/-/d/).
  4. s m MÚS Son alto, dun número de vibracións por segundo maior ca os dos graves ou baixos.
  5. enfermidade aguda PAT Enfermidade que ten un curso relativamente rápido.
  6. palabra aguda LING Palabra en que a sílaba tónica é a última.

Sinónimos

Citas

  • É un rapaz moi agudo, contestoulle con moita gracia
  • Este coitelo ten unha punta tan aguda que dá medo
  • Sendo tan neno ten unha intelixencia aguda que deixa a todo o mundo abraiado
  • Unha dor aguda impídeme respirar con comodidade

Frases hechas

  • Ser agudo coma un allo. Ser unha persoa lista e enxe
  • Ser agudo coma un pispinete. Ser unha persoa moi espelida.