sfAve de rapina que pertence principalmente aos xéneros HieraetusAquila,Haliaetus,Pithecophaga,Circaetus e Pandion. É de grandes dimensións, cun bico forte e curvado, a cabeza prominente e cuberta de plumas, coas patas curtas con plumas ata o comezo dos dedos, e as garras moi fortes. As ás son longas e voan a grande altura.
aguia imperial [Aquila adalberti]Aguia da familia dos accipítridos, de plumaxe castaña e co píleo, a caluga e os ombreiros dun branco amarelado.
aguia peixeira [Pandion haliaetus]Aguia da familia dos pandiónidos, de plumaxe contrastada entre a parte superior escura e a inferior branca. Na cabeza presenta unha pequena curupela e un anteface negro.
aguia perdiceira [Hieraaetus fasciatus]Aguia da familia dos accipítridos, coa parte inferior da plumaxe escura nas ás e branca no peito.
aguia real [Aquila chrysaetos]Aguia da familia dos accipítridos, de plumaxe escura con dourados na cabeza e na caluga.
sfDenominación alquimista de diversas substancias, especialmente das sublimadas como o cloruro mercurioso ou o cloruro amónico.