agudeza

< agudo
Pliral: agudezas
  1. s f Calidade de agudo.
  2. s f Capacidade que ten unha persoa para percibir as cousas e para amosar enxeño.
  3. s f Dito agudo.
  4. s f LING Calidade acústica dos sons que dependen da frecuencia dos seus elementos constituíntes.
  5. agudeza sensorial FISIOL Poder de percepción e de discriminación dos sentidos.
  6. agudeza visual FISIOL Poder de visión clara dos detalles.

Sinónimos

Citas

  • A agudeza do son do violín penetrou en todo o público
  • Celebro a agudeza do teu curmán Marcos para tratar coa xente
  • Estou farto das agudezas desta xente