agrupación

< agrupar
Pliral: agrupacións
  1. s f Acción e efecto de agrupar ou agruparse.
  2. s f Conxunto de cousas ou persoas agrupadas, xeralmente afíns.
  3. BÉL
    1. s f Reunión de forzas militares de diversos exércitos coa finalidade de constituír un conxunto operativo para cumprir unha misión.
    2. agrupación táctica Agrupación que ten por base dous ou máis batallóns ou grupos tácticos.
  4. agrupación de leiras DER Unión de dúas ou máis leiras inscritas para formar outra.
  5. DER/ADM
    1. agrupación de municipios Previsión constitucional ou estatutaria para poder establecer circunscricións territoriais propias diferentes da provincia.
    2. agrupación municipal forzosa Agrupación de municipios limítrofes de pequeno número de habitantes, para o sostemento dunha secretaría común ou para a prestación de servizos esenciais cando non dispoñen individualmente de recursos suficientes.

Confrontaciones

Citas

  • A agrupación de persoas nese lugar deu lugar a un caos circulatorio
  • Constituíron unha agrupación para a organización de actos culturais