sfAgrupamento de persoas nun lugar coa finalidade de manifestarse.
sfQUÍM
Proceso mediante o que se incrementa a cantidade dunha substancia que existe nun volume de espazo.
Cantidade dunha substancia nunha unidade de mestura, solución ou mineral que a contén.
sfXEOGProporción, en relación co espazo circundante, dun fenómeno determinado e cuantificable rexistrado nun territorio concreto.
concentración biolóxicaECOLAcumulación nun organismo vivo ou na cadea trófica de concentracións elevadas dun composto químico que está presente no medio dunha concentración relativamente baixa.
concentración de capitalECONFenómeno característico do capitalismo que define unha das súas primeiras etapas de desenvolvemento, iniciada na Idade Media.
concentración de poderesPOLÍTAcumulación dos tres poderes (lexislativo, executivo e xudicial) nun poder único, propia de réximes totalitarios.
concentración empresarialECONProceso xurídico a través do que se fusionan as actividades de dúas ou máis empresas, con perda da personalidade xurídica dalgunha delas.
concentración escolarEDUCEntidade educativa que reúne diversas unidades escolares dispersas co obxectivo de completar a educación obrigatoria.
concentración industrialECONAgrupamento nun mesmo establecemento dos diferentes procesos de fabricación.
concentración límite/permisibleECOLCantidade máxima dun contaminante que pode tolerar un organismo sen que lle resulte nocivo.
concentración migratoriaECOLConcentración nunha área concreta de gran variedade de especies migratorias como resultado da confluencia de direccións migratorias distintas.
concentración mínima inhibitoriaMICROBConcentración mínima de antibiótico necesaria para frear o crecemento dun cultivo bacteriano.
concentración parcelariaXEOGInstrumento de reforma agraria técnica, consistente en agrupar no menor número posible de parcelas todas as propiedades rústicas que posúe un propietario nun territorio concreto.