sfConxunto de cousas ou persoas agrupadas, xeralmente afíns.
BÉL
sfReunión de forzas militares de diversos exércitos coa finalidade de constituír un conxunto operativo para cumprir unha misión.
agrupación tácticaAgrupación que ten por base dous ou máis batallóns ou grupos tácticos.
agrupación de leirasDERUnión de dúas ou máis leiras inscritas para formar outra.
DER/ADM
agrupación de municipiosPrevisión constitucional ou estatutaria para poder establecer circunscricións territoriais propias diferentes da provincia.
agrupación municipal forzosaAgrupación de municipios limítrofes de pequeno número de habitantes, para o sostemento dunha secretaría común ou para a prestación de servizos esenciais cando non dispoñen individualmente de recursos suficientes.