deseño

< ital disegno
Pliral: deseños
  1. s m Representación gráfica dun obxecto anterior á súa realización, normalmente feita mediante liñas e cun fin artístico ou comercial.
  2. s m Programación ideal ou descrición verbal dunha cousa.
  3. deseño animado IMAX Película realizada coa filmación e proxección de representacións gráficas.
  4. deseño curricular EDUC Proxecto que recolle as intencións e o plan de acción dun determinado currículo, programa escolar completo, ou o esquema específico dunha determinada acción didáctica.
  5. deseño por ordenador INFORM Sistema de deseño para produtos ou instalacións industriais que se basea no perfeccionamento dunha primeira forma elemental por medio dun sistema interactivo de natureza informática.
  6. deseño trocado ARTE Deseño realizado por elementos idénticos entrelazados que se diferencian pola cor ou textura diferentes.

Confrontaciones

Citas

  • Faremos un deseño dos actos para o próximo curso, O partido realizou un deseño dos plans da súa política interior
  • Fixo un deseño moi orixinal para a portada do disco
  • O deseño deste vestido é totalmente anovador