esbozo

< ital sbozzo
Pliral: esbozos
  1. s m
    1. Primeira forma imperfecta dunha composición artística.
    2. ARTE Debuxo elemental cos trazos esenciais dunha composición artística.
  2. s m Exposición das liñas básicas dunha idea ou proxecto.
  3. s m LIT Breve composición escrita, xeralmente en prosa, que recolle situacións concretas ou trazos particulares dos personaxes.
  4. s m XEOG Representación cartográfica bidimensional rudimentaria, na que non se ten en conta a escala nin as coordenadas ou puntos cardinais.
  5. BIOL
    1. s m Tecido, órgano ou aparato do embrión que aínda non chegou a ter a estrutura ou forma definitiva.
    2. esbozo embrionario/organoxenético Grupo de células, separadas das outras células do embrión, que comeza o desenvolvemento dun órgano.

Sinónimos

Formas incorrectas

croquis