deputado -da

Pliral: deputados Masculino: deputado Masculino plural: deputados Femenino: deputada Femenino plural: deputadas
  1. s HIST Representante das irmandades locais nas Xuntas de Irmandade establecidas tras a Revolta Irmandiña. Cada deputado era elixido polos seus compañeiros de institución e tiña a misión de transmitir as súas queixas e peticións nas Xuntas.
  2. s POLÍT Persoa nomeada por un corpo para que exerza a súa representación exclusivamente nun foro determinado.
  3. deputado a Cortes POLÍT Representante elixido por sufraxio directo para formar parte da cámara única ou, nos parlamentos bicamerais, da de orixe popular.
  4. deputado autonómico POLÍT Membro do parlamento dunha comunidade autónoma, elixido por sufraxio universal, libre, directo e secreto para un mandato de catro anos.
  5. deputado cuneiro POLÍT/HIST Representante no parlamento elixido por unha circunscrición territorial coa que non mantén máis vinculacións ca as do propio proceso electoral.
  6. deputado de comercio ECON Membro dunha deputación de comercio. O cargo foi creado por un decreto do rei Carlos III en 1773 para exercer as funcións de consulados de mar nas cidades que non os tiñan.
  7. deputado do común POLÍT Cargo municipal elixido por sufraxio popular para atender os asuntos relativos ao comunal.
  8. deputado do reino HIST Persoa elixida por unha cidade ou vila con voto en Cortes, que servía na deputación xeral dos reinos hispánicos.
  9. deputado na sala de millóns POLÍT Membro da sala de millóns, cámara que exerceu as funcións das antigas cortes castelás, durante os ss XVIII e XIX.
  10. deputado no congreso POLÍT Membro do Congreso de los Diputados, elixido por sufraxio universal, libre, directo e secreto.
  11. deputado provincial POLÍT Membro dunha corporación provincial.