sHISTRepresentante das irmandades locais nas Xuntas de Irmandade establecidas tras a Revolta Irmandiña. Cada deputado era elixido polos seus compañeiros de institución e tiña a misión de transmitir as súas queixas e peticións nas Xuntas.
sPOLÍTPersoa nomeada por un corpo para que exerza a súa representación exclusivamente nun foro determinado.
deputado a CortesPOLÍTRepresentante elixido por sufraxio directo para formar parte da cámara única ou, nos parlamentos bicamerais, da de orixe popular.
deputado autonómicoPOLÍTMembro do parlamento dunha comunidade autónoma, elixido por sufraxio universal, libre, directo e secreto para un mandato de catro anos.
deputado cuneiroPOLÍT/HISTRepresentante no parlamento elixido por unha circunscrición territorial coa que non mantén máis vinculacións ca as do propio proceso electoral.
deputado de comercioECONMembro dunha deputación de comercio. O cargo foi creado por un decreto do rei Carlos III en 1773 para exercer as funcións de consulados de mar nas cidades que non os tiñan.
deputado do comúnPOLÍTCargo municipal elixido por sufraxio popular para atender os asuntos relativos ao comunal.
deputado do reinoHISTPersoa elixida por unha cidade ou vila con voto en Cortes, que servía na deputación xeral dos reinos hispánicos.
deputado na sala de millónsPOLÍTMembro da sala de millóns, cámara que exerceu as funcións das antigas cortes castelás, durante os ss XVIII e XIX.
deputado no congresoPOLÍTMembro do Congreso de los Diputados, elixido por sufraxio universal, libre, directo e secreto.
deputado provincialPOLÍTMembro dunha corporación provincial.