sfCorporación constituída por deputados ou representantes de territorios ou comunidades.
sfExercicio ou cargo de deputado.
deputación permanenteConxunto de deputados, senadores ou representantes, depositario do poder lexislativo fóra dos períodos ordinarios de sesións ou cando as cámaras están disoltas pola convocatoria dun proceso de renovación das mesmas.
deputación provincialInstitución supramunicipal que administra investimentos e presta servizos no territorio dunha provincia.