sfMEDPerda ou anormalidade dunha estrutura ou función psicolóxica, fisiolóxica ou anatómica, calquera que sexa a súa causa.
deficiencia cromosómicaXENdelecióncromosómica.
deficiencia electrónicaQUÍMEstado no que está un composto cando o número de electróns que forman un enlace químico é menor ca o necesario para formar enlaces simples normais.
deficiencia mineralFISIOLCarencia de calquera elemento químico necesario para o correcto desenvolvemento dun organismo vivo.
deficiencia nutricionalPATEnfermidade causada pola carencia de vitaminas, minerais e aminoácidos debido a unha dieta inadecuada.