smCarencia física ou moral que algunha persoa ten de algo, de xeito que a converte en imperfecta.
smCarencia das calidades propias dalgunha cousa.
DER
smicio dunha cousa que fai diminuír o seu valor e que, en ocasións, pode determinar a súa incapacidade para facer o uso ao que está destinada.
smOmisión dalgún requisito que a lei esixe nos actos xurídicos e que, se é esencial, orixina a nulidade do acto.
defecto de formaFalta derivada da incorrecta aplicación das normas procesuais nunha causa que pode afectar á validez da sentenza xudicial
defecto hipotecarioCarencia ou imperfección que existe nun título que pode impedir a súa inscrición no rexistro da propiedade.
smFÍSInterrupción da regularidade da rede cristalina dun sólido.
defecto de masaFÍSDiferenza entre a suma das masas dos nucleóns que compoñen un núcleo atómico e a masa do núcleo enteiro, ou entre a masa dos compoñentes dun átomo e a do átomo enteiro.