insuficiencia

< lat insuffitientĭa
Pliral: insuficiencias
  1. s f Calidade de insuficiente.
  2. s f Falta de suficiencia ou de intelixencia.
  3. PAT
    1. s f Estado de inferioridade fisiolóxica dun órgano ou dunha glándula, incapaces de cumprir integramente as súas funcións.
    2. insuficiencia cardíaca Diminución da capacidade funcional do corazón cando non chega a asegurar as necesidades de circulación de todas as partes do organismo, que pode ser esquerda, se falla este ventrículo, e global ou conxestiva, se ambos os dous ventrículos son insuficientes. OBS: Tamén se denomina miocardia.
    3. insuficiencia circulatoria Estado do organismo no que é imposible manter o volume sanguíneo necesario para cubrir as necesidades circulatorias dos órganos e dos tecidos.
    4. insuficiencia hepática Incapacidade do fígado para levar a cabo as súas funcións.
    5. insuficiencia pulmonar Afección rara que se produce pola oclusión incompleta dos sigmoides pulmonares na diástole ventricular.
    6. insuficiencia renal Estado en que os riles están imposibilitados, nun grao máis ou menos elevado, para cumprir as súas funcións específicas.
    7. insuficiencia respiratoria Fallo da función pulmonar que non pode proporcionar un recambio normal dos gases.
    8. insuficiencia suprarrenal Enfermidade causada pola hipofunción aguda ou crónica do córtex das glándulas suprarrenais. OBS: Tamén se denomina enfermidade de Addison.
    9. insuficiencia tiroide hipotiroidismo.

Citas

  • A insuficiencia dese autor quedou demostrada no seu último libro
  • As insuficiencias do centro provocaron novas denuncias

Refranes

  • Para mancha grande non hai xabrón que abaste.
  • Un carro non anda cunha roda soa.
  • Un só pau non fai sebe.
  • Unba besta non fai feira.
  • Unha andoriña soa non fai verán.