cúspide

< lat cuspĭde ‘punta, extremo’
Pliral: cúspides
  1. s f Parte máis alta dunha montaña.
  2. s f p ext Parte máis elevada de algo.
  3. s f MAT Punto onde concorren todas as arestas laterais dunha pirámide ou todas as xeratrices dun cono.
  4. s f ANAT Cada unha das láminas que constitúen unha válvula cardíaca.
  5. s f ANAT Protuberancia lisa da cara superior das moas que aumenta a eficiencia da moenda durante a mastigación.

Citas

  • Acadaron a cúspide da fama despois do seu terceiro traballo discográfico
  • Chegaron á cúspide da montaña despois de catro horas de percorrido
  • Subiu á cúspide da torre polas escaleiras de incendios