sfOrnamento en forma de círculo que se axusta á cabeza como sinal de autoridade ou como recompensa dunha vitoria, militar ou cívica.
HIST
sfCírculo de metal adornado de diferentes elementos que se cingue á cabeza como símbolo de dignidade soberana ou nobiliaria.
coroa castrenseCoroa romana que se entregaba a quen entraba no campo inimigo.
coroa cívica/civilCoroa de pólas de aciñeira coa que se recompensaba o cidadán romano que salvaba a vida doutro na guerra.
coroa de espiñasCoroa que, por escarnio, os soldados romanos cinguiron a Xesús como rei dos xudeus.
coroa olímpicaCoroa que se concedía aos vencedores dos xogos olímpicos.
coroa triunfalCoroa romana que se lle concedía ao xeneral vitorioso ao entrar en Roma.
sfInstitución que ten como insignia unha coroa, particularmente a real.
sfConxunto de territorios gobernados por un soberano.
discurso/mensaxe da coroaDiscurso pronunciado polo soberano ante as Cortes, nas monarquías constitucionais.
sfCírculo dourado que figura arredor das cabezas dos santos.
sfZOOLParte do dente, revestida de esmalte, que sae das enxivas.
sfASTRONEnvoltura luminosa irregular que envolve o Sol máis alá da cromosfera.
sfBOTCáliz transformado que envolve o ollo dalgúns froitos.
sfBOTApéndice petaloide que presentan certas flores.
coroa circularMATFigura plana entre dúas circunferencias coplanares que teñen un mesmo centro, pero con raios de diferente lonxitude.
efecto coroaFÍSLuminosidade azulada que se forma nalgúns puntos das liñas aéreas de alta tensión, arredor dos condutores.
sf
Parte superior e posterior da cabeza dunha persoa.
Pequeno círculo que se rasuraban os eclesiásticos no curuto.
Parte máis alta dun monte.
sfBÉLObra exterior das antigas fortificacións composta de dous baluartes, dúas cortinas e dous medios baluartes nos laterais.
NUMIS
sfMoeda que leva unha coroa como símbolo.
sfMoeda francesa de ouro, cuñada durante o reinado de Filipe VI (1328-1350).
sfMoeda castelá de prata cuñada por Enrique II que tamén recibiu o nome de real.
sfMoeda inglesa cuñada en ouro e prata desde o reinado de Enrique VII ata o de Carlos II.
sfMoeda austríaca cuñada en ouro desde 1857 e en prata desde 1892.
sfMoeda portuguesa de ouro equivalente a dez milreis (1868-1911).
sfMoeda castelá de ouro que estivo en vigor desde o reinado de Xoán II ata o final do s XVII.
sfReal de prata castelán cuñado por Pedro I coa inicial do monarca coroado.
coroa de NavarraMoeda cuñada en Navarra que valía medio marabedí.
coroa de solMoeda cuñada por Carlos V nos Países Baixos que tiña no anverso un escudo coroado e unha lenda.
sfECONUnidade monetaria principal da República Checa, Dinamarca, Eslovenia, Islandia, Noruega e Suecia.
sfLINGBordo anterior da lingua que cobre o ápice e a parte anterior do predorso.
LIT
sfPoema composto por doce sonetos ligados no que o último verso de cada un se repite no comezo do seguinte, ata o verso final, que coincide co primeiro verso do soneto inicial.
coroa poéticaAntoloxía de poemas dedicados especialmente a conmemorar efemérides dos monarcas reinantes ou festividades relixiosas dunha certa importancia.
sfPESCAAnaco de rede que constitúe a parte final do aparello que se utiliza en varias artes de pesca.
coroa dentadaTECNOLRoda cun conxunto de dentes cónicos que se engrena cun piñón.