compatibilidade

< compatible
Pliral: compatibilidades
  1. s f Capacidade de coexistir en harmonía con outra persoa ou cousa.
  2. s f INFORM Calidade de dous ordenadores pola que un deles pode executar correctamente un programa do outro ordenador sen necesidade de ningunha corrección.
  3. s f MAT Calidade dos sistemas de ecuacións que teñen solución.
  4. s f MAT consistencia.
  5. s f TECNOL
    1. Característica dun sistema estereofónico de son que permite a gravación e a reprodución de programas estereofónicos mediante un equipo monofónico, e viceversa.
    2. Característica dun sistema de radiodifusión en frecuencia modulada que permite que as emisións estereofónicas se poidan recibir por un receptor monofónico, e viceversa.
  6. compatibilidade sanguínea FISIOL Posibilidade de mestura de dous sangues sen que se produzan trastornos, tales como os fenómenos de lise ou de aglutinación.