convenio

< lat v *convenĭu
Plural: convenios
  1. s m
    1. Aquilo que se acorda entre as partes de maneira formal, particularmente entre institucións.
    2. Texto no que se recollen as resolucións que se acordaron.
  2. s m DER Acordo de dúas ou máis vontades tendentes á creación dun vínculo xurídico.
  3. s m DER Negocio xurídico entre aquela persoa que vai presentar suspensión de pagamentos, ou que o fixo infrutuosamente, e os seus acredores, que foi aceptado por acordo maioritario dos acredores e aprobado polo xuíz.
  4. convenio colectivo DER Acordo escrito entre os representantes dos traballadores e os dos empresarios, que ten como obxectivos a regulación das relacións entre eles, a fixación das condicións laborais ás que se deberán axustar os contratos individuais de traballo e a determinación das condicións de traballo nun ámbito determinado.
  5. convenio de colaboración DER Acordo celebrado entre o goberno do Estado e os órganos de goberno das comunidades autónomas, ou entre estas entre si no ámbito das súas respectivas competencias.
  6. convenio económico DER Acordo escrito entre o Estado e unha comunidade autónoma cando esta goza de autonomía para manter, establecer e regular o seu réxime tributario.
  7. convenio internacional DER Acordo de vontades celebrado entre suxeitos de dereito internacional e destinado á produción de efectos conformes ás normas xurídicas internacionais.

Sinónimos

Citas

  • Marrocos e España asinaron un convenio en materia de emigración
  • Redactei xa o convenio para que ninguén modifique os seus puntos