Acción de comprobar exhaustivamente ou verificar algunha cousa.
EDUCExercicio que se realiza para seguir a evolución dos coñecementos dun alumno.
sm
Limitación da liberdade ou dominio sobre unha acción ou un fenómeno.
Capacidade de levar a cabo este dominio.
smDispositivo para manexar algunha cousa.
sm
Oficina na que se fai a verificación e a comprobación dalgunha cousa.
Posto do exército, da policía ou doutro órgano oficial que realiza unha operación de vixilancia.
AUTOM/CIBERN
smConxunto de operacións orientadas a supervisar o estado dun sistema para poder xerar as accións de mando necesarias.
control dixitalControl en tempo real de sistemas dinámicos no que o controlador ou corrector está instrumentado por medio dun ordenador.
control numéricoTipo de control que dá as instrucións segundo un código numérico rexistrado nunha cinta perforada ou nun disco magnético.
teoría de controlRama da teoría de sistemas que trata do xeito de conseguir o cambio de comportamento dun sistema por medio de accións externas.
smINFORMTecla que se acostuma utilizar en solitario ou en combinación con outras para facer que un ordenador execute determinadas ordes.
control biolóxicoECOLloitabiolóxica.
control de calidadeINDConxunto de operacións de verificación ás que se someten algunhas mostras dunha produción industrial.
control de cambioECONMétodo, adoptado regularmente no campo monetario, para influír na balanza de pagamentos. Consiste en limitar a convertibilidade da moeda nacional por divisas.
control de poboaciónECOLConxunto de accións dirixidas a producir cambios na traxectoria natural dunha poboación animal.
control de xestiónECONSistema de análise sistemática e continua dos resultados empresariais, para determinar as posibles desviacións respecto dos obxectivos establecidos e modificar a súa xestión para poder mellorar os resultados.
control integradoECOLloitaintegrada.
control socialSOCIOLRegulación da conduta dos membros dun grupo social mediante o establecemento duns valores ideolóxicos e dunhas pautas de comportamento.