contacto

< lat contactu
Pliral: contactos
  1. s m Feito de tocar fisicamente unha persoa ou unha cousa a outra.
  2. s m Relación social de dúas ou máis persoas.
  3. s m Persoa que fai de intermediaria para obter algunha cousa.
  4. s m ASTRON Instante en que o punto luminoso dun astro que se eclipsa entra ou sae do cono de sombra do corpo que eclipsa.
  5. s m FÍS
    1. Condición de dous corpos condutores que se tocan co fin de establecer o paso de corrente eléctrica dun a outro.
    2. Peza condutora destinada a establecer un contacto con outra semellante para producir o peche ou a abertura dun circuíto eléctrico.
  6. s m ESTRATIG Superficie plana que separa dúas masas contiguas de rocha.
  7. s m IMAX Copia das mesmas dimensións ca o negativo que se realiza ao poñer en contacto, durante a exposición, o papel co negativo orixinal.
  8. s m TRANSP Peza metálica disposta a modo de traveseiro, colocada entre os carrís e conectada cos sinais dunha instalación de bloqueo que, ao pasar unha locomotora, acciona un dispositivo sonoro desta cando a vía está ocupada.
  9. s m pl COMUN Sección dun medio de comunicación escrito en que se anuncian persoas que buscan coñecer outras ou que ofrecen relacións sexuais.
  10. contacto lingüístico LING Área da investigación lingüística e sociolingüística que se centra na análise das causas e das consecuencias daquelas situacións en que conviven, nun mesmo espazo social e territorial, dúas ou máis variedades lingüísticas diferentes.

Citas

  • Aforraron moitas colas gracias a ter un contacto no ministerio
  • Debes evitar o contacto co enfermo, Non se pode producir o contacto entre as dúas especies
  • Hai tempo que non teño contacto con eles, pero gustaríame que nos xuntaramos, Os funcionarios teñen contacto co público