composición

< lat compositĭōne
Pliral: composicións
  1. s f Acción, efecto ou xeito de compoñer(se) ou de compor(se).
  2. s f
    1. Aquilo que se compón.
    2. Obra artística musical ou literaria.
  3. s f QUÍM Proporción dos distintos elementos que forman parte dun composto ou dunha mestura.
  4. s f ARTE Disposición, nunha determinada obra, de figuras, cores, volumes, formas ou outros elementos.
  5. s f MÚS Parte do estudo da música que versa sobre as regras para compoñer.
  6. s f LING Unión de dous ou máis elementos constitutivos que existen previamente como palabras na lingua, e que forman unha palabra nova cun significado conceptual propio e autónomo.
  7. s f GRÁF Conxunto de operacións necesarias para levar a cabo a reprodución dun texto sobre un soporte apto para imprimilo.
  8. s f DER
    1. Resolución extraxudicial dun conflito pactada polos mesmos interesados ou por terceiras persoas e o amigable compoñedor, ás que lles manda un convenio transaccional ou unha resolución nunha escritura de compromiso.
    2. Substitución dunha penalidade por unha indemnización.
  9. s f HIST/DER Convenio ou emenda que, de acordo co sistema penal de vinganza privada, restablece a paz que perturbara unha ofensa criminal entre persoas ou entidades mediante as indemnizacións que se consideraban suficientes.
  10. s f HIST/DER Emenda ou reparación dun dano ou prexuízo, tanto de orde penal como civil, que se realizaba entre os ss X e XII.
  11. composición de funcións/aplicacións MAT Resultado de efectuar un número finito de funcións ou aplicacións de forma sucesiva.

Sinónimos

Citas

  • A composición poética gañadora era dun autor novel
  • Explicounos a composición do cadro
  • moble bar), dous adxectivos ( branquiazul), un substantivo e un adxectivo ( porco bravo), un verbo e un substantivo ( picafollas) e un substantivo, preposición e substantivo ( estrela de mar), Dende o punto de vista fonolóxico, as palabras compostas fórmanse por xustaposición, cando os dous elementos conservan a súa forma gráfica e fónica ( sapoconcho), e por aglutinación, cando a palabra ten un só acento porque o primeiro elemento sofre alteracións e perde o seu acento fonético ( puntiagudo), Dende o punto de vista sintáctico, as palabras compostas clasifícanse pola funcionalidade dos elementos en endocéntricas, se un dos elementos pode substituír os dous ( garda civil) e exocéntricas, se non se pode facer a substitución ( vacaloura); e polo procedemento de unión, en compostos por coordinación ( agridoce) ou por subordinación ( cabalo do demo)
  • O amañador non me deixou ben trala última composición
  • O mestre mandoulles escribir unha composición aos alumnos