smPSICConxunto de reaccións adaptativas dun individuo nun medio e nunha unidade de tempo determinados.
comportamento animalBIOLConxunto de accións coas que os animais afrontan os cambios que se producen no ambiente e se adaptan a el.
comportamento colectivoSOCIOLComportamento social máis ou menos espontáneo que numerosos individuos manifestan ao mesmo tempo, en presenza dun mesmo estímulo ou de situacións afíns.
comportamento electoralSOCIOLProceso de formación e expresión das preferencias políticas individuais respecto das alternativas políticas presentes no procedemento da votación.
comportamento políticoSOCIOLComportamento social capaz de influír directamente sobre o funcionamento do sistema político e dos seus principais compoñentes.