sfAcción, efecto ou xeito de compoñer(se) ou de compor(se).
sf
Aquilo que se compón.
Obra artística musical ou literaria.
sfQUÍMProporción dos distintos elementos que forman parte dun composto ou dunha mestura.
sfARTEDisposición, nunha determinada obra, de figuras, cores, volumes, formas ou outros elementos.
sfMÚSParte do estudo da música que versa sobre as regras para compoñer.
sfLINGUnión de dous ou máis elementos constitutivos que existen previamente como palabras na lingua, e que forman unha palabra nova cun significado conceptual propio e autónomo.
sfGRÁFConxunto de operacións necesarias para levar a cabo a reprodución dun texto sobre un soporte apto para imprimilo.
sfDER
Resolución extraxudicial dun conflito pactada polos mesmos interesados ou por terceiras persoas e o amigable compoñedor, ás que lles manda un convenio transaccional ou unha resolución nunha escritura de compromiso.
Substitución dunha penalidade por unha indemnización.
sfHIST/DERConvenio ou emenda que, de acordo co sistema penal de vinganza privada, restablece a paz que perturbara unha ofensa criminal entre persoas ou entidades mediante as indemnizacións que se consideraban suficientes.
sfHIST/DEREmenda ou reparación dun dano ou prexuízo, tanto de orde penal como civil, que se realizaba entre os ss X e XII.
composición de funcións/aplicaciónsMATResultado de efectuar un número finito de funcións ou aplicacións de forma sucesiva.
A composición poética gañadora era dun autor novel
Explicounos a composición do cadro
moble bar), dous adxectivos ( branquiazul), un substantivo e un adxectivo ( porco bravo), un verbo e un substantivo ( picafollas) e un substantivo, preposición e substantivo ( estrela de mar), Dende o punto de vista fonolóxico, as palabras compostas fórmanse por xustaposición, cando os dous elementos conservan a súa forma gráfica e fónica ( sapoconcho), e por aglutinación, cando a palabra ten un só acento porque o primeiro elemento sofre alteracións e perde o seu acento fonético ( puntiagudo), Dende o punto de vista sintáctico, as palabras compostas clasifícanse pola funcionalidade dos elementos en endocéntricas, se un dos elementos pode substituír os dous ( garda civil) e exocéntricas, se non se pode facer a substitución ( vacaloura); e polo procedemento de unión, en compostos por coordinación ( agridoce) ou por subordinación ( cabalo do demo)
O amañador non me deixou ben trala última composición
O mestre mandoulles escribir unha composición aos alumnos