smQUÍMSubstancia capaz de transmitir un grao determinado de coloración a outros corpos ao absorberse ou reaccionar con eles.
BIOL
smSubstancia empregada en microscopia para tinguir as estruturas citolóxicas e histolóxicas que se queren observar.
colorante ácidoComposto, xeralmente orgánico, empregado para tinguir os compoñentes básicos das células dun corte histolóxico.
colorante básicoComposto, xeralmente orgánico, empregado para tinguir os compoñentes ácidos das células dun corte histolóxico.
colorante alimentarioALIMAditivo alimentario que proporciona unha determinada cor ou reforza a cor natural, e estimula a apetencia do produto sen alterar as súas calidades nutritivas ou de conservación.
Citas
Para dar cor aos vernices poderemos empregar diferentes substancias colorantes