sfCor que se lle aplica a algo ou cor que adquire unha cousa.
sfBIOLProcedemento para discernir os diversos compoñentes da mostra viva ou fixada sometida a exame. Baséase na capacidade selectiva e diferencial dos compoñentes para reter a materia colorante.
sfPINTParte do colorido que se compón de tres cores relacionadas e dirixidas por unhas normas estéticas que regulan a súa cantidade.
sfMÚSTermo que na notación antiga designaba o emprego da cor para encher as notas (vermella ou negra) e indicar diferentes valores de duración ou cambios de ritmo.
ECOL
coloración de advertenciaColoración da superficie externa dun ser vivo para lles mostrar aos posibles depredadores que pode ser perigoso.
coloración protectoraColoración da superficie externa dun ser vivo para que a súa presenza pase inadvertida ante posibles depredadores ou posibles presas.