colorante

< colorar
Plural: colorantes
  1. adx Que ten a propiedade de colorar.
  2. s m QUÍM Substancia capaz de transmitir un grao determinado de coloración a outros corpos ao absorberse ou reaccionar con eles.
  3. BIOL
    1. s m Substancia empregada en microscopia para tinguir as estruturas citolóxicas e histolóxicas que se queren observar.
    2. colorante ácido Composto, xeralmente orgánico, empregado para tinguir os compoñentes básicos das células dun corte histolóxico.
    3. colorante básico Composto, xeralmente orgánico, empregado para tinguir os compoñentes ácidos das células dun corte histolóxico.
  4. colorante alimentario ALIM Aditivo alimentario que proporciona unha determinada cor ou reforza a cor natural, e estimula a apetencia do produto sen alterar as súas calidades nutritivas ou de conservación.

Citas

  • Para dar cor aos vernices poderemos empregar diferentes substancias colorantes