circulación

< lat circulatiōne ‘circuíto, volta’
Pliral: circulacións
  1. s f Acción de circular.
  2. s f Conxunto de vehículos que circulan.
    1. s f FISIOL Movemento dun fluído no interior dun organismo que se efectúa a través de condutos.
    2. circulación colateral PAT Desviación do sangue por vasos secundarios a consecuencia da obstrución dun tronco sanguíneo.
    3. circulación extracorpórea MED Derivación, por fóra do corpo humano, dunha parte ou da totalidade da circulación sanguínea. Esta técnica emprégase en cirurxía cardíaca.
    4. circulación portal FISIOL Circulación na que o sangue, procedente das arterias de circulación xeral, é recollido pola vea porta que o leva cara ao fígado.
    5. circulación sanguínea FISIOL Circulación na que o sangue do ventrículo esquerdo do corazón se bombea a través das arterias e arteríolas aos capilares, onde achega o osíxeno necesario para a respiración e nutrición celular e retira o dióxido de carbono e as substancias residuais que (polas vénulas e polas veas), volve á aurícula dereita do corazón.
  3. ECON
    1. circulación económica Conxunto de estruturas e mecanismos que permiten que os factores de produción, os produtos e os servizos cheguen aos usuarios e se despracen en función das esixencias dos diversos mercados.
    2. circulación monetaria Cantidade de diñeiro, parte do stock monetario, que circula durante un período de tempo determinado.
  4. TECNOL
    1. circulación forzada Sistema de circulación no que se impulsa o fluído mediante un aparato.
    2. circulación natural Sistema de circulación no que un fluído se despraza pola súa diferenza de densidade, causada pola diferenza de temperatura, ás diversas partes do circuíto.
  5. circulación xeral atmosférica METEOR Sistema das grandes correntes de aire mediante o que se redistribúe a enerxía procedente da radiación solar e o vapor de auga para acadar o equilibrio enerxético terrestre. En superficie, a desigual repartición da presión, incide na creación de centros de acción; son as baixas presións ou borrascas e as altas presións ou anticiclóns.
  6. circulación dun vector ao longo dunha curva MAT Cantidade numérica definida, dentro dun campo vectorial V , como o límite da suma dos produtos escalares elementais V ·d s correspondentes aos diferentes elementos de curva considerados, cando a lonxitude destes elementos tende a cero.

Sinónimos

Citas

  • Evita ir co coche ao centro da vila porque hai moita circulación
  • Ten mala circulación sanguínea, Cando viñamos vimos un terrible accidente de circulación