circuíto

< lat circuĭtus
Pliral: circuítos
    1. s m Itinerario que volve ao punto de saída.
    2. s m DEP Traxecto cuns límites onde se disputa unha carreira.
    3. circuíto de espera AERON Traxectoria dunha aeronave a unha altura constante mentres espera ter unha pista libre para aterrar.
  1. s m Distancia que se necesita percorrer para dar a volta a algún lugar ou a algunha cousa.
  2. FÍS/TECNOL
    1. s m Conxunto de elementos polos que pode circular unha corrente eléctrica.
    2. circuíto equivalente Circuíto que resulta da substitución dun dispositivo eléctrico ou electrónico por un circuíto simplificado.
    3. circuíto integrado Dispositivo electrónico que consiste nun conxunto de elementos conectados que forman un circuíto miniaturizado.
    4. circuíto lóxico Dispositivo electrónico que efectúa unha operación lóxica.
    5. circuíto magnético Conxunto de medios que forman un circuíto pechado e nos que pode existir un fluxo magnético no seu interior.
  3. s m INFORM Medio de transmisión entre dúas estacións terminais utilizado para a transmisión de datos.
  4. circuíto de mando TECNOL Conxunto de dispositivos electrónicos, hidráulicos ou pneumáticos, que nun sistema automatizado activan os elementos de saída que levan a cabo o proceso.
  5. circuíto hidráulico ENX Sistema de condutos que conducen a enerxía por medio dun líquido.
  6. circuíto pechado COMUN Sistema de transmisión de imaxes de televisión en que a cámara está conectada ao receptor mediante un cable coaxial. Emprégase para vixilancia.

Citas

  • A visita guiada fai un circuíto pola zona vella da cidade
  • Se queremos rodear toda a montaña e estar de volta antes da noite debemos proxectar un circuíto máis curto